Loading...
20.4.15

O árabe do futuro

Houbo un tempo en que os países árabes eran algo ben diferente do que hoxe son. El-Assad, Nasser, Numeiry, Hussein dirixían -con todos os peros que se queira e con moitas limitacións- unhas sociedades máis abertas, tolerantes e integradoras do que hoxe son os seus países por obra e non gracia dalgúns países occidentais. A lectura desta BD sitúanos nun horizonte histórico non moi lonxano no tempo pero si da súa realidade neste momento.
El árabe del futuro narra con sarcasmo e ironía a aventura vital dunha familia mixta dunha muller francesa e un profesor universitario de orixe árabe desde Francia ata Libia e Siria. Pero é moito máis que unha aventura familiar porque deixa un retrato da sociedade deses países, cos seus prexuízos fronte a todo o occidental e un pensamento infantiloide, que permite o sometimento a unha caste de militares que chegan ao poder mediante golpes de estado, unha escola triste e uns sistemas que non funcionan máis que construíndose contra un inimigo, xa sexa Israel (Os xogos dos nenos denotan ese permanente estado de excitación antixudea). Isto sucede paralelamente aos cambios que se opoeran no pai do protagonista, que se transforma segundo o sito onde se atope. 

A trama contén seguramente moitos elementos autobiográficos, pois é innegable o paralelismo entre as vidas do autor e do protagonista. Autor que ademais destaca polos seus traballos cinematográficos, especialmente a película Les beaux gosses, unha pelñicula que tivo certa sona en España, pero que tiña algunhas carencias e en certos aspectos resultaba algo simple, pero agradable de ver.

Sobre unha narración moi ben construída e un debuxo esquemático, o libro resulta moi interesante e lese con gusto. O malo é que a historia non chega aquí ao seu remate e continúa o periplo dos protagonistas en dous tomos que se publicarán posteriormente. Recibiu a Fauve d'or en Angouleme por este tomo de "El árabe del futuro". Agardaremos polos seguintes tomos.

1 comentarios:

  1. IdentityForce, we're so confident about our Identity Protection Services, we offer $1,000,000 in real Insurance, not just a guarantee.

    ResponderEliminar

 
TOP