Loading...
2.4.15

A substancia dun libro

Buscando un libro sinxelo, onde predominase a imaxe, atopei este libro que xa leva varrios anos publicado e que permanecera oculto. Intéresame moito buscar libros que poidan interesar aos lectores, entendidos non no sentido literal de aqueles que xa len, senón eses aos que hai que atraer pola imaxe e aos que as historias complexas non lles serven porque están no proceso de formar a capacidade de atención.
Obviamente, os sustantivos son fundamentais, pero non hai que esquecer o ritmo e a melodía da palabra. Este libro ten moitas desas cualidades, pero fallan outras, alomenos na versión española de Gabriela Keselman (Descoñezo a versión orixinal). Ao meu ver hai sons algo complexos e algunhas palabras que teñen máis que ver con lectores de idades máis avanzadas. O libro remata como debe facelo un libro para lectores tan pequenos, cun final que avanza o que virá despois de pasar todas as follas.
De todos os xeitos, se lle botamos un pouco de imaxinación e creamos outras historias, é perfectamente válido porque propicia enumeracións e acumulacións. O cd que acompaña o libro contén dúas pequenas pezas, unha das cales é moi descritiva da historia.
As ilustracións coloridas e construídas con certo esquematismo, permiten un lectura doada aínda que con cada personaxe que aparece a composición vaise complicando.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP