Loading...
30.3.15

Un pouco de poesía




Con certa frecuencia, adoitamos ver libros nos que a ilustración devora o texto, e non pola falla de cualidade do mesmo, senón máis ben porque se lle vai a man ao ilustrador ou ao editor. Pero descubrín hai uns días un álbum poético escrito por Mar Benegas, ilustrado por Olga Capdevila e publicado por A buen paso, que é un paradigma de como partindo da base duns bos poemas (loxicamente, non todos á mesma altura); unha ilustradora que sabe ler, que aprecia que a poesía é un xogo e decide xogalo; e unha editora que sabe que cada libro require un tratamento, e voilá Con el ojo de la i.



De paso, podedes ver un traballo de animación que a ilustradora fixo para Versió Postal e que non me resisto a reproducir aínda que sexa facer publicidade.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP