Loading...
29.1.15

Libros innecesarios

Hai pouco tempo un colega pasoume un libro dicindo, déixocho para que lle botes un ollo, foi o último premio X. O premio X é un premio con prestixio, se ben os últimos elixidos non están tendo moita fortuna. Despois de ler 30 páxinas, cheguei á conclusión de que estaba perdendo o tempo e que me estou volvendo algo maniático, ou será que son esixente en exceso? A saturación de títulos que existe, especialmente na literatura infantil, é moi grave porque se corre o risco de fomentar a mala literatura, ou que é peor, crear nos lectores a idea de que todos os libros son historias pobres ou mal contadas.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP