Loading...
30.12.14

Un xoguete, por que non?

Achégase o tempo de Reis e moitos andarán coma tolos buscando regalos para os máis pequenos. Abundan os xogos nos que son os xoguetes os que parecen xogar e non os nenos. Por iso permítome recomendar a todos os que poidan pagar o que custa, o xogo Piu e meno (+ e -) do deseñador italiano Bruno Munari. A partir duns acetatos con diferentes elementos que se poden superpoñer os nen@s poden recrear paisaxes diversas, con tonalidades de luz variadas e no que as posibilidades de composición son infinitas. Un xogo para espertar a imaxinación.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP