Loading...
6.11.14

Martín e a lúa


Martín, un pequeno esquío, vese sorprendido unha mañá cando sente un gran ruído. Ao asomarse descobre que foi a lúa que caeu, pero... E se alguén a roubou? E se cren que foi el quen o fixo? Martín decide evitar problemas e desfacerse da lúa. Un encadenamento de sucesos van facer que máis personaxes vaian aparecendo pola historia.
Sebastian Meschenmoser, autor do texto e ilustrador, escolleu o lapis e un trazo moi detallado para facer un relato marabillosamente infantil, con economía cromática e unha gran riqueza expresiva. Un libro moi superior, na miña opinión, aos anteriormente publicados tamén na editorial Fondo de Cultura Económica titulados Martín y la llegada de la primavera e Martín y la primera nevada. O autor narra a histora ao xeito das lendas e mitos que explican a orixe dos elementos da natureza e faino cun coñecemento da piscoloxía infantil que lle dá ao libro unha emoción innegable.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP