Loading...
8.10.14

Cinco marabillosos desastres.

Non adoito ser un entusiasta dos autores que se poñen de moda porque moitas veces se deixan levar por ese éxito e se repiten ata cansar. Pero non teño esa sensación con Beatrice Allemagna, e se aquel león que andaba polas rúas de París me gustara, estes cinco desastres gústanme máis. Escolleu personaxes pouco convencionais, seres estraños e imperfectos, que teñen o contrapunto necesario para que a historia teña humor e unha resolución eficaz nun individuo que se lles aparece dotado de todas as perfeccións das que eles carecen. Escrito e ilustrado con eficacia, deixa chegar unha moralexa que non oculta a trama narrativa. A edición de A Buen Paso, como soe ser habitual é coidada e deixa que a ilustración luza.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP