Loading...
3.10.14

Grandes exploradores en BD

Hai varios meses, con motivo dos diferentes aniversarios, publicaronse varios libros que falaban das aventuras daqueles exploradores que se lanzaron á conquista de lugares inhóspitos. Varios deles trataban da conquista do continente xelado, desde Sahckleton ata Amundsen. El polo sur ten como núcleo esa aventura, centrada especificamente na loita entre Amundsen e Scott por seren os primeiros en chegar ao Polo Sur. En palabras dos editores de Apa-apa cómics, Alexis Nolla retrata a beleza da derrota. Efectivamente céntrase na expedición dos que fracasaron, os homes do británico Scott, que viron como a expedición Noruega, comandada por Roald Amundsen, lles pasou por diante e conseguiu o seu obxectivo de seren os primeiros en chegar ao Polo Sur. Debuxado con moita sinxeleza e sen grandes complicacións estruturais nin argumentais, invita ao lector non só  a ler senón tamén a sobreentender.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP