Loading...
19.10.14

De cabos e esquíos


Imaxina que es un esquío e alguén che conta que hai un invento marabilloso que che permite falar cos teus amigos a distancia. Pero resulta que cando decides chamar á túa avoa para comentar o fermosa que está a lúa esa noite, non funciona. Pensamento infantil: ten que ser que as cousas non funcionan como eu pensaba, así que matinando, ocorreselle que quizais os cabos sexan para que os esquíos vaian a través deles ata a casa da persoa coa que un quere falar.
Esta é a historia que Kazue Takahashi conta en "El teléfono de las ardillas" publicado por Adriana Hidalgo editora. Un libro en pequeno formato ilustrado de forma inxenua, sen ocultar a opción estética oriental tanto na técnica coma no cromatismo de tonos diluídos, limitándose a poñer en imaxes o que conta a historia, pero tamén é certo, sen enriquecela, o que contribúe a destacar máis a efectividade da narración literaria.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP