Loading...
15.6.14

Un sinxelo Ungerer

"Onde está o meu zapato?" ven demostrar que para facer un bo libro para nenos hai que ter oficio e boa man. Tomi  Ungerer creo en 194a un libro que cincuenta anos máis tarde non perdeu valor porque os códigos ilustrativos que utiliza son de ABC. Estilo sinxelo, composición acorde e unha proposta de xogo visual e estructura redonda. Este libro é iso, un xogo, tanto para o autor como para os lectores que deben descubrir en que parte da ilustración se oculta o zapato. O texto non é máis que as parénteses que marcan o comezo e o final do libro. O autor sabe ser comedido e poñer a súa capacidade artística ao servizo do libro e non este ao servizo do seu lucimento persoal. Un gustazo.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP