Loading...
23.5.14

Literatura con retranca

A concesión do Premio Saramago ao escritor angolano Ondjaki o pasado mes de novembro é o peche dun bo ano deste escritor novo, no sentido cronométrico, pois este premio concédese a escritores menores de trinta e cinco anos. Non é que coñeza moito a súa obra, pois soamente coñezo dous libros seus que por veces teñen dificultades polo uso de termos e eonstrucións do portugués de Angola, A bicicleta que tinha bigodes e  Uma escuridâo bonita.
A bicicleta que tinha bigodes é un libro cheo de retranca que mestura a tenrura duns personaxes coa inxenuidade doutros ou mesmo unha certa ridiculez e sentimento de absurdo nalgún. Os protagonistas son unha parella de nenos que, coñecedores de que se convoca un concurso de narración infantil, deciden pedir a axuda do escritor "oficial" do seu bairro para que lles axude a conseguir o premio, unha magnífica bicicleta. A partir de aí, van desfilando pola noveliña unha serie de personaxes curiosos, mesmo unha parella de sapos  baptizados cos nomes de Raúl e Fidel. 
O libro lese con gusto e quizais sexa conveniente reseñar que para saborealo na súa totalidade, é conveniente ter información do periodo histórico postcolonial. 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP