Loading...
8.5.14

Narrración desde o título



Como crear unha narración empezando no título? Quizais así foi como Paloma Muíña comezou a construír o seu relato. Cando le 33 días antes de conocerte xa supón que todo vai comezar nun encontro entre dous personaxes. Pero ese encontro en que rematará? Nunha relación amorosa? Nunha fermosa e duradeira amizade? Temos xa a primeira tensión narrativa creada. Loxicamente, non queda outra que ir contando os días que faltan para o encontro e iso será o que dea título aos capítulos.

Para engadir máis á tensión, atopamos a dúas familias, a do protagonista está formada por el mesmo e a súa nai, unha muller extremadamente correcta e educada,o que a leva nun momento determinada a caer no maior dos ridículos. Contrapunto a esta é a familia da nena, corpotagonista ausente, que é absolutamente excéntrica ata tal extremo que nunha pasaxe, cando o teléfono soa, solicítanlle ao neno que os olla desde a súa casa, que colla o teléfono.
O final é atinado e fuxe moi ben do risco de crear un remate artificioso. Pero ao atractivo da trama, engédese unha escrita áxil e fluída basada en frases contidas, cun ritmo axeitado. Esta obra foi galardoada co Premio Ciudad de Málaga de literatura infantil do ano 2013.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP