Loading...
13.4.14

LIX no Babelia

Hoxe é un deses raros días en que un abre o suplemento de libros de El País e atópase con dúas páxinas adicadas á literatura infantil. Críticas de varios libros, entre os que se atopan Cartas de las islas Baladar, do que xa falamos neste blog, e doutro que me ocuparei proximamente del porque me impresionou moi positivamente a súa lectura. Pero a sorpresa non remat aí porque no seu Sillón de orejas, Manuel Rodríguez Rivero adica un dos seus apartados á figura de Maurice sendak e máis detalladamente a Na cociña de noite.
Iso si, o autor da crítica do libro de Prévért e François descoñece que existiu unha edición en galego e que non é a primeira edición que se fai en España, ou por precisar máis, que a de Faktoría K é a primeira fiel coa edición e a ilustración orixinais, pero que antes existiu "Cartas das illas Bailarinas".

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP