Loading...
13.4.14

Libros dende o frío

Sushi books é un novo proxecto editorial que orbita arredor de Rinoceronte editora cun catálogo que se artella arredor de tres coleccións con denominacións un tanto estrañas, pero que tratan de ser descritivas: Álbum, Intermedio e Avanzado. e que sacou nos últimos meses varios títulos que van desde autores novos a outros clásicos. Dentro da colección Álbum, acaba de sacar ao mercado dous títulos de autoría nórdica. Dos tres autores, unha é islandesa, outra dinamarquesa e o terceiro, sueco. Trátase de álbumes cun importante contido educativo, con autoría de texto compartido e ilustrado por Áuslag Jónsdóttir

De lectura fácil e seguindo sempre un mesmo esquema narrativo, presenta situacións na relación entre Monstro grande e Monstro pequeno, dous amigos que viven unha permanente relación de amor-odio. Os prexuízos non fan máis que danar esa relación e leva aos dous amigos a equívocos. Pero a amizade consegue en todos os casos superar os conflictos e a amizade volve a recuperarse.

Con frases sinxelas e un esquema narrativo lineal, constrúe un relato dinámico. As páxinas limpas e unha ilustración na que a negritude dos personaxes fai innecesarios matices corporais, xunto a unha esaxerada expresión xestual dos personaxes, completa unha obra que resulta efectiva.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP