Loading...
7.4.14

Crocodilos e outros bechos


Carolina pasa o día queixándose do seu irmán crocodilo, pero a súa nai dille que é un crocodilo precioso. A partir de aí, Carolina vai sentir que o seu irmán é o único crocodilo  do mundo para a mamá. Cal será o seu desexo? Desfacerse del e buscar outro irmán menos baballoso. Pero os cambios ensinaranlle que todos os subsitutos teñen os seus inconvenientes. Disto é, resumidamente, do que trata El cambalache, un fermoso álbum publicado por Ekaré hai ben pouco.
A historia non é orixinal, pero está ben escrita e iso é un bo punto de partida. Se lle engadimos unha magnífica ilustración, detallista, limpa e efectiva desde o punto de vista narrativo, que máis podemos pedirlle?
Vexamos como mostra a ilustración da rúa, toda ela chea de elementos curiosos, historias paralelas e mesmo un único personaxe humano en todo o libro. Parecen verse homenaxes ocultas a algún libro de Emily Gravett (The odd egg?). O que menos me gusta é o final, previsible.
Jan Ormerod era unha escritora e ilustradora australiana que desenvolveu a súa vida entre o seu país e Inglaterra. Hai un elemento que a levou a iniciarse no mundo da literatura infantil, o nacemento da súa filla, pero hai outro que quizais teña influído aínda que ela non o dixese, o seu home era un libreiro especializado en literatura para nenos. Ao longo da súa vida publicou uns corenta libros. Neste libro é autora do texto mentres que as ilustracións son obra doutro australiano, Andrew Joyner
Pasarano ben léndoo.

Entrevista en inglés con Andrew Joyner publicada en Week Kids' Review.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP