Loading...
28.3.14

Premios Andersen


O ilustrador brasileiro Roger Mello resultou gañador do Premio Hans Christian Andersen do presente ano no apartado de ilustradores, segundo se anunciou hoxe coincidindo co remate da Feira de Boloña, que tiña ao Brasil como país invitado. Mello resultou elixido a pesar de enfrontarse a ilustradores do nivel de John Burningham ou Rotraut Susan Berner.

Aínda que en España non é demasiado coñecido, Mello foi gañador de varios premios en Europa e é moi coñecido no seu país, non só como ilustrador. Posuídor dun estilo moi característico no que as cores vivas e a natureza teñen una grande importancia.
 
No apartado literario, a gañadora foi Nahoko Ueashi, autora xaponesa da que confeso descoñecelo todo, a pesar de que en España ten publicados dous libros en Sm segundo acabo de ver buscando algo de información sobre a súa biografía.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP