Loading...
27.1.14

Máis Maurice Sendak


Kalandraka acaba de facer público que ao longo dos anos 2014 e 2015 vai publicar case duas decenas de libros do autor norteamericano de orixe polaca.

Por primeira vez vaise publicar en galego e nas demais linguas peninsulares a triloxía formada por Onde viven  os monstros, que recupera o formato orixinal da primeira edición norteamericana, Na cociña de noite e Outside Over There, este último inédito en España.
Nas próximas semanas vai aparecer nas librerías Na cociña de noite, libro do ano 70 que lle procurou ao autor, unha vez máis, problemas de censura polo feito de aparecer o protagonista espido, o que o convertía nun libro inapropiado para os nenos segundo unha parte da sociedade norteamericana.
O protagonista deste libro é Mickey, homenaxe segundo moitos a Mickey Mouse, personaxe que Sendak adoraba (Era admirador de Walt Disney). Este neno esperta por mor duns ruídos que sente e a partir de aí comeza unha viaxe á cociña na noite, onde se vai atopar con tres cociñeiros que amasan incansablemente. Mickey vese atrapado nun pesadelo que el consegue transformar nunha aventura que remata, igual que Onde viven os monstros, no cuarto do protagonista. As vivencias infantís do autor están na orixe desta historia, o seu paso por unha pastelería que había preto da súa casa, as lembranzas das comidas da súa infancia ou as visitas dunha tía súa que lle cociñaba todos os domingos uns pratos polacos que el detestaba (que aparecían en Onde viven os monstros recollidos indirectamente cando di que o protagonista viaxou a través das semanas...).
O departamento de comunicación de Kalandraka anuncia a recuperacións dos libros de Osiño nos que ilustrara os textos de Else Homelund Minarik, desaparecida no mesmo ano que Sendak, e que non volveu publicarse desque nos finais dos setenta a colección cuadrada de Alfaguara os trouxera a España.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP