Loading...
10.12.13

Luces e sombras na canle.



Os bos libros están feitos de materia literaria e outras cousas, pero cando un quere exercer unha visión crítica sobre o que le, debe fixarse en aspectos da historia que superan ampliamente os afectos ou desafectos que transmiten os personaxes, aínda que lles concedamos unha certa importancia.

Luces en el canal narra a amizade entre un marxinado e un neno. O marxinado ofrece a posibilidade de situar aos personaxes en circunstancias extremas provocadas polo descoñecemento e o temor ao descoñecido. Unicamente desde a inxenuidade pode achegarse ás cousas e ter unha visión libre de prexuizos.
O vello é un personaxe crucial porque entende que a vida vai máis alá do aparente e intenta transmitirllo ao neno.


Cada personaxe simboliza ou representa unha forma de percibir o que nos arrodea e todos eles son tan reais como cribles, desde a intolerancia materna, á inxenuidade do protagonista ou frustante aceptación das circunstancias por parte do vello. Pero creo que o libro sofre unha ruptura no final que escolleu o autor, que carece de verosimilitude e que rompe co tono da obra, por moito que poida chegar ao sentimento do lector.

O resto do relato paréceme interesante.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP