Loading...
29.12.13

LIX na prensa

Os xornais sacaron este ano os suplementos literarios adicados á literatura infantil e xuvenil cunha semana de adianto co respecto aos anos anteriores, recoñecemento de que o Pai Natal estase impoñendo aos Reis Magos, un síntoma máis da transculturación, o mesmo que o desprazamento da tradición do 1 de abril polo 28 de decembro. Pero volvamos ao tema da entrada que non pretende ser outro que os suplementos literarios adicados aos libros para os lectores novos. 
Este ano, o Babelia afinou bastante e fixo un tratamento acertado no que destaca o artigo de fondo de Gustavo Puerta Leisse e sobresaliente resulta o artigo de Felicidad Orquín sobre a obra do ilustrador italiano Roberto Innocenti. Por coincidir, este ano mesmo me parece acertado o criterio de selección das recomendacións. Pero curiosamente, o ABC de las letras este ano estivo máis frouxo e fixo unhas propostas que me parecen máenos interesantes e menos coincidentes coas que eu faría.

Pero a sorpresa maior foi ver que a revista Letras Libres titulaba o número de decembro "La infancia reinventada". Entre outros hai artigos de Ana Garralón, Jorge Téllez, Andres Barba, Paloma Valdivia e María Baranda. A pena é que na Web aínda estean co número de novembro que adicaban ás letras hebreas, pero aquí vos deixo a ligazón por se cando premades nel a web xa se actulizou. (Por certo, os usuarios de Ipad podedes descargar unha aplicación gratuíta que vos permite ler certos artigos non so da edición española, senón tamén da mexicana).
Para rematar, sinalar que El País, seguindo o exemplo do New York Times, ten na súa web unha pequena presentación cos dez libros do ano para primeiros lectores, para lectores xuvenís e os dez álbumes ilustrados máis interesantes deste 2013 que remata.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP