Loading...
15.12.13

Filosofía


Creo que a mellor definición para El abrazo (David Grossman e Michal Rovner) é que se trata dun libro filosófico, que ao xeito dos vellos diálogos didácticos, enfronta dúas ideas moi próximas pero diferentes, singularidade e soedade. Unha nai e o seu fillo flan mentres dan un paseo. A nai mantén que todos os seres humanos son únicos e irrepetibles, o que suscita no fillo o medo a que iso o leve á soedade e o illamento.
Un libro cun texto que estimula o pensamento e a reflexión unido a unhas ilustracións sutiles,
David Grossman é unha persoa habituada a buscar os grises nun entorno onde case todo e branco ou é negro. Non estraña pois que o texto que nos presenta estea cheo de pequenos matices, que o estilo elixido para contar esta historia sexa o diálogo. Xa hai un tempo, nunhas declaracións a El País o autor recoñecía que escribía pra reconquistar os matices e este libro dá fe diso.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP