Loading...
24.11.13

Ollar e sorprenderse

Hai libros que crean camiños e autores que os seguen, unhas veces aportando algo e outras simplemente copiando. Pero ¿Qué pasa? é un libro que transita polo camiño que abriron os libros OH! e Ah! de Josse Jofin, ilustracións que ocultan o que realmente se nos queren amosar porque son libros para xogar, para disfrutar das imaxes, e as de Pero ¿qué pasa? son moi boas. 
A diferenza está en dúas cousas, as ilustracións de Jofin están pensadas para pequenos lectores, como unha invitación, no caso de Ah!, a descubrir o mundo da arte e como un simple xogo en Oh!.
Estas ilustracións son máis elaboradas e van acompañadas dun pequeno texto que responde á pregunta que abre cada ilustración. O formato do libro e as páxinas desplegables ensaltan e dánlle máis brillo ás ilustracións.
Está publicado por SM, que di de el na presentación que se trata dun libro no que nada á o que parece.
David McNeill é o autor do texto, un letrista metido nesta ocasión a autor dos pequenos textos. As ilustracións son obra de Tina Mercié, ilustradora francesa que realizou os seus estudos en Polonia e desenvolveu a súa carreira en varios países.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP