Loading...
12.11.13

O mundo de Tiago Manuel



Estes días estase a expoñer na Biblioteca municipal de Viana do Castelo unha exposición sobre o ilustrador vianense Tiago Manuel baixo o título de "Diários de sombras". Entro nunha libraría infantil e a libreira anúnciame que a tal esposición quizais ainda estea aberta.
Coñecía o seu traballo para o volume de poesía de Mário de Sá-Carneiro que publlicou Kalandraka Portugal no seu momento, pero non tiña visto nada máis.
Primeiro, dicir que a biblioteca municipal de Viana é espectacular desde o punto de vista arquitectónico (Despois descubrín que é de Álvaro Siza). Co mar e o río que parecen formar parte dun cadro no vestíbulo do edificio no primeiro andar, lugar onde se atopaban expostos os traballos. Pero esa imaxe que se reflexaba nos vidros das vitrinas é unha tentación da que un pode abstraerse con certa dificultade. 
Pero volvamos ao tema. Tiago Manuel ten varios heterónimos, algo que xa me dixera a libreira, pero a pesar de todo hai en todos eles unha ampla dose de surrealismo, de xeito que non podo evitar lembrar a René Magritte. Tiago Manuel retorce a ollada sobre o mundo para expresar a súa percepción dun xeito absolutamente persoal que se transmite a través da evocación do espectador. Atopei unha pequena reseña de Joâo Miguel Tavares no Diário de Notícias que concorda absolutamente coa miña visión.
O que se pode ver é unha pequena parte, pero pode ollarse nos libros escollidos unha variedade de xéneros nos que o ilustrador traballa e unha invitación para facerse con eles.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP