Loading...
19.11.13

Mamá é un premio



Acaba de chegar ás librarías o gañador do Premio compostela. O seu título é Mamá e a súa autora, a ilustradora arxentina Marina Ruiz Jonhson.
O libro é moi atractivo visualmente, cores cálidas e un trazo magníficamente inxenuo. Poderiamos diseccionar as páxinas, falar de como as augas separan os mundos duns seres dos dos outros, de como se descobre un mundo fantástico cando a mamá conta ou canta, de como se pode un poñer a buscar a Paul Klee ollando os peixes... A lectura gráfica é toda unha aventura de descubrimentos e paralelismos agochados entre as paxinas. Algunhas delas parécenme magníficas, a do parto, a da árbore e a imaxe da mamá enfadada como un elefante de cabeza negra... Non busquedes a poesía no texto, está nas imaxes.


É un libro realizado desde a maternidade e para as mamás, e aquí o título non pode ser más acaído. 

Podería ter sido un libro sen texto e non pasaría nada porque a ilustración absorbe a ollada.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP