Loading...
6.11.13

Labor de editor


Resulta que me achego a unha das moitas librerías nas que a pegada da crise percíbese con nitidez e atopo os andeis medio baleiros. Pero ese semibaleiro fai que destaquen cinco libros que chaman a miña atención pola edición. Pregunto pola editorial. As explicacións do libreiro son concisas e sitúanme no contexto en que xorde esta aventura. Abro os tres títulos que hai publicados, un libro de poesía, unha novela e outro de ilustración.

Papeles mínimos é unha iniciativa dun artista e deseñador gráfico, Imanol Bértolo, do que coñezo poucas cousas, pero a raíz do interese que espertou a lectura das primeiras páxinas de Lento proceso, adiqueime a pescudar na rede. As publicacións de Papeles mínimos van desde os folletos poéticos ás serigrafías (Vale como exemplo este mobil de Ana Juan e Matz Mainka).


Pero volvendo aos libros, ademais da edición coidada, tanto nas tipografías como no papel e nas ilustracións de portada, paréceme notable desde o punto de vista literario a narración de José Luis Cancho. Este Lento proceso engancha ao lector pola técnica narrativa. Non me atrevo a dicir máis porque a miña disciplina lectora non me permite abandoar "Los detectives salvajes" despois de tanto tempo agardando curioso a súa lectura. Pero prometo dicir algo cando faga a lectura completa desta prometedora narración.


Post data:
Cando se publica esta entrada a librería da que falaba no principio da entrada pechou.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP