Loading...
18.11.13

Ironicamente dixital

Planeta Tangerina é a editorial portuguesa que está tendo unha proxección exterior máis salientable. Algúns dos seus títulos están publicados en galego e outros en castelán grazas á Kalandraka ou Los libros del zorro rojo. Xa temos comentado neste blog algúns libros seus e agora volvemos a facelo con esta novidade. Ironicamente é definido como un libro dixital e interactivo. Por que ironicamente? Sinxelamente porque as primeiras páxinas establecen un xogo co lector no que se require o uso dos dedos. Así é máis doado entender a citada calificación e o da ironía.
É unha especie de zoom no que o lector debe participar na viaxe explorando sensacións ás que soamente se pode achegar se acepta a invitación das autoras e se atreve a deixar voar a imaxinación.
Un libro pensado desde o conglomerado que forman a idea, a ilustración e a maquetación.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP