Loading...
28.11.13

Espacio Kalandraka Madrid

 
Kalandraka editora vén de inaugurar recentemente un espazo no Barrio das Letras de Madrid no que ademais de pór á venda o seu catálogo editorial, quere desenrolar actividades relacionadas co mundo da literatura e a ilustración.
No acto participaron persoas que colaboran na difusión da literatura infantil como Rodorín ou Federico Martín, e contou coa presenza de moitos ilustradores e escritores recoñecidos. 

Non faltou Jesús Marchamalo. Antonio Rubio, o autor da Merliña e da serie Poegramas tamén andaba por alí e fixo un adianto do seu próximo libro.
Este Espacio Kalandraka vén a engadirse ás dúas librarías que o grupo editor ten en Vigo e Coruña baixo o nome de Libros para soñar.

Aproveitando a presenza de Mariana Ruiz Johnson, que voou desde a Arxentina pra recoller o Premio Compostela, realizouse unha presentación de Mamá e están en exposición ilustracións dos libros gañadores do citado premio.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP