Loading...
27.11.13

A morte e a a vida


Falar sobre a morte resulta difícil para os adultos, e delicado para os nenos pois córrese o risco de que se cre anguria innecesaria por algo do que na meirande parte dos casos non son conscientes. Por iso falar da morte empregando como intermediarios animais cos que un non ten establecida previamente unha relación de afecto e proximidade axuda a dulcificar as cousas. E isto é o que fai este libro de Britta Teckentrup aínda tendo un comezo tan intenso coma este:


"Había una vez un zorro que vivía con muchos otros animales en el bosque.
Zorro había tenido una vida larga y feliz, pero ahora estaba cnsado.
Muy lentamente, se dirigió a su lugar favorito en el claro del bosque.
Miró a su alrededor, observó su querido bosque por última vez y se tumbó.
          Zorro cerró los ojos,
                    respiró profundamente
                              y se quedó dormido
                                        para siempre."


O inicio parece anunciar un libro forte e cru, pero as apariencias enganan e vai transformando a intensidade inicial en algo máis emotivo e tenro grazas ao moucho,que se converte no catalizador dunha nova actitude, máis positiva, ante a morte.
Este é un magnífico exemplo de libro ben escrito e que por diante do desexo de facer pedagoxía vital, apela ás emocións do lector. Pero se alguén quere enfocalo como receita para algún "mal", pénsese que amosa un enfoque ante as dificultades da vida, un camiño que non consiste en recrearse na dor senón en vivila de forma que sexa útil. Para iso utiliza un recurso empregado abundantemente xa desde a época medieval nos romances e máis recentemente na película "Amor bajo el espino blanco" sen ir máis lonxe, a árbore que vai medrando no lugar onde o raposo pechou os ollos, como símbolo da transformación e permanencia dos seres.
A escritura é directa e moi efectiva, non utiliza grandes artificios, por iso é un libro que atrae aos pequenos lectores ou espectadores.

O libro está publicado nunha coedición de Pepa Montano editora e Nube Ocho. Abaixo tendes unha pequena presentación das páxinas interiores do libro.

Embed code

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP