Loading...
13.10.13

A favor das nenas


Hai bastantes anos, os que daquela eramos seguidores da literatura escrita para nenos, tiñamos como libros de cabeceira para as lecturas nocturnas cos nosos fillos unha colección publicada pola editorial Lumen que levaba o nome de "A favor de las niñas". Eran historias exemplares debidas a Adela Turin e ilustradas, fundamentalmente, porque creo que non era a única, por Nella Bosnia. Dicía que eran historias exemplares porque eran textos ben escritos e nos que había unha intención educativa de fondo, moi intencionada, pero moi no fondo. Que significa isto? Que non son libros doctrinarios, sinón que espertan no lector sensacións e provocan centellas que iluminan o pensamento.

Afortunadamente, todos eses textos están a ser recuperados e desde logo para nós cun importante valor engadido, o feito de se publicaren tamén en galego. 

O último título en saír é "A historia dos bonobos con lentes", antes fixérano "Rosa caramelo" e "Artur e Clementina". Neste libro as bonobas deben sacrificarse e traballar mentres os bonobos van de viaxe e fan multitude de cousas que lles están vedadas a elas. Pero un día todo mudou.
Moi recomendables para todos, para os nenos e para as nenas, pero sobre todo para os mestres máis novos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP