Loading...
28.9.13

Lobos que non comen coellos

Emocióname atopar libros que por riba de todo van á sinxeleza das historias e hai uns días pasoume algo así cando vin na libraría un libro de título estraño: "Voy  a comedte". Con título semellante, o protagonista non podía ser outro que un pobre e malfadado lobo. Aínda que eu diría que se trata dun antilobo. É a historia dun lobo boafé que é enganado por todos os coellos que pretende comer. Antilobo porque representa todo o contrario que os lobos de sempre. Para máis inri, o pobre ten un pequeno defecto de dicción, cousa que xustifica o título.
As ilustracións, de Laure du Faÿ, de gran tamaño axudan a seguir a historia, e tamén a descubrir a outros protagonistas secundarios que revoan polas páxinas. A ilustradora elixiu achegarse á realidade da narración aumentándoa, e iso leva a  que os protagonistas teñan moito espazo na páxia. Deste xeito podemos captar o mínimo xesto e as texturas dos obxectos adquiren notoriedade.

O autor é Jean-Marc Derouen, un contador bretón, grande amante da súa terra, paixón que segundo el, é compartida pola ilustradora desta tenra historia. O bosque é o territorio do ignoto, un territorio no que se desenvolve con soltura un coñecedor da tradición oral e Jean-Marc Derouen debe selo a xulgar pola publicación dun CD autoproducido no ano 2011 que levaba por título "Contes insolites de Bretagne" (Preme aquí para escoitar algún retallo).
Magnífica lectura e recomendable compra.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP