Loading...
9.7.13

Microrrelatos

Kalandraka acaba de realizar unha nova edición de Cuentos como pulgas de Beatriz Osés, unha edición que vén a dignificar un libro que tiña unha versión en castelán que non merecía. Ademais, os lectores galegos temos agora a oportunidade de lelo na nosa lingua grazas á traducción de Ramón Nicolás.
Esta de Kalandraka conta con ilustracións de Miguel Ángel Díez, e o coidado con que está editado e impreso pouco ten que ver coa existente anteriormente e que tan negativamente me sorprendeu cando a coñecín. Evidentemente, habería que saber se no seu momento houbo algunha editorial que quixera publicar esta magnífica colección de contos breves que mereceu o Premio Lazarillo no ano 2006, como destaca a escarapela impresa na portada.
Cando unha se atreve con relatos tan breves debe ser preciso na utilización das palabras, dotar os contos cunha estrutura ben definida e útil ás finalidades do relato e aplicar un final contundente. Isto conseguiuno Beatriz Osés no seu momento. De aí que se esgotase a edición anterior en pouco tempo. 
Os protagonistas dos relatos son animais que atopamos en situcións diversas, disparatadas unhas veces, ridículas noutras, mesmo surrealistas; e podemos velos clasificados en catro grupos: contos de auga, de ceo, de terra e de noite.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP