Loading...
28.6.13

Linguaxes secretas

María José Ferrada é unha escritora chilena que recibiu o Premio Ciudad de Orihuela de poesía para nenos correspondente a este ano. Publicou anteriormente en Kalandraka editora un libro titulado "Un mundo raro" con ilustracións desconcertantes de Nocolai Troshinsky, rara efectivamente era a historia e simultaneamente premonitoria dunha escritora que se asomaba ao panorama editorial español. Posteriormente publicaría outros dous títulos, un en El Jinete Azul e o outro tamén en Kalandraka.
A súa lectura non é fácil, ten algo de hermetismo, moito de poético e moito de universo literario persoal. "El idioma secreto" é un libro de poesía atípico para nenos, ou mellor dicir que non é para nenos, porque se desentende do que chamamos poesía infantil. Trátase dun libro con estrutura narrativa, sen rima, unha evocación da infancia e unha homenaxe aos que nos entregan as palabras.
Interesante para lectores máis experimentados.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP