Loading...
15.5.13

Un libro de humor

A literatura é ás veces xogo,transgresión das reglas. Daquela aparece o humor. A normalidade non induce ao sorriso. Un home pasea por unha rúa con pantalón, camisa de cadros e sombreiro. Que gracia ten iso? Agora imaxinemos que outro personaxe vai co mesmo atuendo, pero a camisa nas pernas e o pantalón na cabeza. Cando se subvirten as cousas é cando aparece o humor, todo perde o seu sitio e xa non podemos sentirnos seguros do que vai suceder no futuro; cada páxina queda convertida nunha sorpresa.
O señor Nicomedes tiña unha fermosa cabeleira, pero de repente queda calvo. Que pode facer o bo de Nicomedes? O que faría calquera ser normal, mercar unha perruca. Polo momento nada anormal, nada que non poida imaxinar calquera ser humano coa mente "normal". Pero aparece o perruqeiro e todo se vove imprevisible. Que fará o bo de Nicomedes? Aí comezan as sorpresas que seguen ata a última páxina. Esta é a historia, sinxela como todas as boas historias, que nos conta Carlos López a través da palabra e as imaxes de David Pintor, Pinto e Chinto, en Nicomedes o pelado, e que acaba de publicar Kalandraka.
A ilustración demostra que pode ser efectiva sen recurrir a grandes alardes. Practicamente o mesmo personaxe, no mesmo plano e unicamente pequenas transformacións manifestadas nos xestos do protagonista e dun personaxe que desde a páxina da esquerda observa todas as situacións, un gato.
Un magnífico libro na busca lectores que estou seguro que os vai ter e en cantidade. Tampouco dubido que vai ser un dos libros do ano en Galicia.

1 comentarios:

  1. Hola, son Víctor González. Quería falar contigo pero perdín o teu correo. Grazas e unha apera,
    Víctor

    ResponderEliminar

 
TOP