Loading...
15.4.13

Un prato de poesía

Ignacio Sanz é un autor castelán bastante prolífico, pero este é o primeiro libro de poesía que lle leo (non sei se ten outros). Titúlase Cómo como e está editado por Edelvives.
O inicio dáme unha impresión equivocada, algunhas rimas forzadas, pero a medida que se avanza, o poema vai collendo tono.
En xeral, os versos están ben medidos e ben situados os acentos, algo que considero fundamental para os nenos, e que algúns autores sorprendentemente descoidan.
Desde a avoa-cociñeira ata os instrumentos da cociña, pasando polos pratos e os animais que nos proporcionan as máis saborosas viandas son o tema dos poemas de Ignacio Sanz. Mesmo pode atoparse unha receita para preparar o pisto.
Paréceme que dentro das estruturas clásicas da poesía infantil, contén os elementos para que os rapaces decidan adoptalo como unha das súas lecturas, máis cando o humor está presente ao longo do libro.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP