Loading...
16.4.13

Premio Kirico

Xa sabedes que unha serie de librarías de todas as Españas xuntáronse arredor dun nome, o club Kirico. Este grupo de libreiros infantís entre outras actividades como a publicación de catálogos de imprescindibles, folletos en diferentes épocas do ano ou a súa web, conceden un premio ao libro infantil máis destacado.

Este ano o premio foi dar a Mario Ramos, ilustrador belga de orixe portuguesa recentemente finado, polo seu libro "El secreto de Luís". Luis é un lobo que chega a unha escola de porquiños. todos o ollan con receo, ninguén se atreve a unirse a el. Luís está so.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP