Loading...
18.4.13

Alfaguara véndese a Random House

A débeda está desfacendo o imperio mediático que no seu día forxou Jesus de Polanco arredor da editorial Santillana, ao que despois se engadiron El país e Canal Plus. As débedas que foron acumulando ao longo dos últimos anos obriga a unha voadura controlada deste grupo editorial. O último é a nova de que os selos literarios de Santillana foron vendidos a Random House. Iso significa que Alfaguara pasa a formar parte deste potente grupo transnacional. Con todo o que ten de perda dunha insignia da edición española representa, ten un efecto máis grave, cal é a concentración que se vai consumando da edición en menos mans. Quizais vexamos como algúns autores abandonan o grupo para reubicarse noutras editoriais. Gañarán as pequenas editoriais e conseguirán facerse máis visibles?
A crise acaba con moitas empresas editoriais, sobre todo en recunchos coma o noso nos que o nivel cultural e de autoconciencia é tan escaso. Aos despidos de Editorial Galaxia hai uns meses, parece que se vai engadir a desaparición dalgunha editorial (Parece que as dificultades de Espiral Maior son serias, mesmo hai quen di que Toxosoutos tamén ten dificultades). Os rumores apuntan a que El Patito editorial está en apretos. 
É notoria, por outra banda, a redución de títulos publicados. As novidades de Xerais son menos, Galaxia ten moi pouca actividade. É o malo que ten a falla de decisión política para apoiar a industria cultural e a pouca conciencia cidadá para apoiar a creación cultural. Está claro que non somos franceses, a eles non lles tocan un pelo, seguen copando as vendas de libros infantís, banda deseñada e produción cinematográfica. Aquí, Alta Films anuncia que está en dificultades mentres consumimos produtos norteamericanos, que en moitas ocasión son moito peores que os que se fan aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP