Loading...
9.3.13

Sorprendente

O primeiro que me chamou a atención deste libro é a dureza do tema. O segundo, a reacción do protagonista infantil ante o feito inicial que desencadea todo canto sucede despois. 
O argumento arredor do que xira todo é a imposibilidade de vivir sen afectos e como os seres humanos somos quen de crealos aínda nas circunstancias máis insospeitadas. Outro elemento fundamental da novela é, ao meu ver, a idea de que a tenrura existe, mesmo entre os máis crueis.

Os feitos suceden no extremo sur chileno, pero iso non ten demasiada importancia. O importante é que nese recuncho do mundo onde vive Paolo, a penas hai nada máis que o vento. Este illamento marca todo o desenrolo da tráxica historia. Un día aparece un forasteiro que asasina aos seus pais, e por circunstancias inexplicables non acaba coa vida do neno. A prtir de aí nace entre os dous unha relación afectiva na que o asasino adopta o papel de pai. Pero no seu interior permanece inevitablemente o asasino. Paolo actúa sabendo que nese recuncho esquecido do mundo non é nada sen outras presencias humanas. e ante esa necesidade, é quen de pasar por cousas que dificilmente admitiariamos noutras circunstancias. Un día aparece un personaxe estraño que se converte nun contrapunto e por iso, o asasino non pode deixar de velo coma un competidor polo afecto do neno.
A aparición dun personaxe a quen Paolo lle confesa que o seu acompañante é un asasino, decanta o desenlace da historia.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP