Loading...
27.3.13

Edición europea

A editorial portuguesa Planeta Tangerina vén de adxudicarse o Premio europeo á mellor editorial de libros para a infancia concedida na Fiera de Libri per Ragazzi que se está desenvolvendo en Boloña. A nova, recollida por Público na súa edición electrónica, de seguro que vai supór un pulo para esta editorial ben coñecida polos seguidores do que se fai polo mundo no terreo da literatura infantil, e máis para nós que a vemos tan perto.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP