Loading...
7.3.13

Calquera pode ser unha alimaña

Pájaros amarillos é un libro de Kevin Anderson do que se falou pouco nos grandes suplementos. 
Aínda que son reacio a ler novelas sobre as guerras de agora, admito que me induciron a escollelo como lectura os comentarios realizados nalgúns medios.
Ambientado en dúas épocas diferentes, no ano 2004 en Irak e no ano 2005 nos Estados Unidos, describe con fiabilidade, bo pulso e boa escritura como o ser humano pode transformarse nun ser sen alma en determinadas circunstancias. E para describir isto, o autor emprega unha estructura contundente: A guerra quixo matarnos... Porque diso fala este libro, de como as guerras matan a humanidade dos homes. A cita que abre o libro é premonitoria do que o lector vai atopar ao longo das 180 páxinas desta historia de degradación do ser humano, unha canción dos marines fría e cruel:

Un pájaro amarillo,
de pico amarillo,
se posó en mi alféizar.

Le ofrecí un panecillo
y luego aplasté 
su puta cabeza.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP