Loading...
24.2.13

Un fermoso libro para gozar


 Hai xa uns cantos meses que a editorial Blume publicou un libro plastica e cromaticamente moi fermoso, que curiosamente parece que desapareceu da súa web. Levaba por título Un pájaro hermoso, pero nunca tivera a oportunidade de ollalo con detalle, algo que agora puiden facer e que me impulsou a escribir esta reseña.
Duns anos a esta parte non é rara a publicación de pop-ups, prefiro chamarlle libros despregables ou esculturas despregables. Algúns deles xa se reseñaron aquí.

A este pásalle o que á meirande parte, o texto non ten interés, pero desde o punto de vista plástico é fermoso de mirar. Cheo de colorido, con formas que forman unhas esceas atractivas ás que lle debemos inventar un texto para poder compartilo cos pequenos lectores.
A historia fálanos dun paxariño que sae do ovo e vai medrando ata facerse un fermoso adulto que se lanza ao descubrimento do mundo. Pero xa disemos que o texto é o de menos, abrídeo e deixar que as cores vos enchan os ollos. E voade, voade coma fermosos paxaros, que seguro que o disfrutaredes tanto ou máis que os vosos fill@s.
Esta marabilla é debida a Philippe Ug, un verdadeiro artista polifacético, que ademais de facer pequenas obras de arte, proponse crealas a un prezo asequible para o maior número posible de lectores.





0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP