Loading...
3.2.13

Todos os Jacks

Ultimamente as grandes editoriais están sumidas nunha maré de sagas, personaxes e outras tonterías que se manifesta cando un visita as súas webs na procura de títulos. A cantidade de espazo que ocupan libros abominables, case sempre saxóns, oculta os títulos interesantes, que un debe esforzarse en atopar. Sucede con Alfaguara, con SM e con Anaya- Pero mira por onde que nas miñas visitas ás librerías din cun libro, de procedencia británica, escrito por un guionista de series de televisión, ou polo menos iso foi o que me dixeron, traducido por Miguel Azaola e que semella unha recreación dun conto tradicional, que ademais de estar ben escrito, está ilustrado por Tony Ross (Iso si, en grises).
Diso se trata, dunha recreación en tono satíricos dos contos tradicionais ingleses, pero coa escritura tan fluída que adoitan empregar os autores británicos que se copiarn a si mesmos. O resultado é unha lectura fácil e divertida.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP