Loading...
12.2.13

Libro de imaxes

Coñecín a través de "Dentro del espejo" a existencia dun libro de Ian Beck titulado Libro de imágenes (Editorial Juventud).
Primeiro dicir que o libro de Molist é un itinerario de lecturas graduadas desde o ano ata o ensino secundario bastante completo, pero que como todo compartimos nunha parte e noutra non.
Pero volvendo ao libro de Ian Beck, é un álbum ilustrado de grandes dimensións, polo que resulta imprescindible, aínda que non fose máis que por esta condición, que o seu visionado sexa compartido por adultos e nenos. Pero alén diso, hai que dicir que está feito, basicamente, de substantivos, As dimensións das ilustracións favorecen unha ollada ao detalle. As texturas das cores e o perfil de tinta lle proporcionen unha calidez que invita a quedarse mirando.
Pode lerse a partir dos primeiros balbuceos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP