Loading...
27.12.12

Os novos métodos de financiación

Internet e as redes sociais en sentido amplo, non só Facebook, están favorecendo a aparición de novas oportunidades para os creadores. A partir dunha reseña feita polo blog Donde viven los monstruos chego a unha idea marabillosa titulada Tres cuentos infinitos, editorial Tralarí.


presentación verkami from cintia martin esteban on Vimeo.
O curioso deste proxecto é que sae á rúa por medio da aportación dunha serie de persoas que se convertiron en mecenas a través da plataforma Verkami, unha páxina de crowfunding na que un pode patrocinar decenas de proxectos diferentes. Este sistema de finanzamento é unha saída para todas aquelas ideas que non reciben o apoio das institucións, das empresas editoras, ou que simplemente non queren someterse ás normas habituais.
Actualmente hai en marcha proxectos como o titulado A nena que non deixaban ser feliz, de Luz Beloso e Miguel Ángel Alonso, segundo libro dos autores de O cullarapo croque.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP