Loading...
28.12.12

Máis listas

Tamén o xornal El país vén de publicar a súa lista dos mellores libros infantís e xuvenís. Na elección participaron especialistas en literatura infantil e xuvenil, revistas especializadas, blogueiros e libreiros.
O vindeiro sábado será publicada no suplemento cultural do xornal, pero xa pode consultarse na web.
O mellor álbum ilustrado resultou elixido El arenque rojo, de Gonzalo Moure e Alicia Varela, publicado por SM. Trátase dun álbum cunha ilustración rica en elementos e propiciadora da atención do lector, que debe mergullarse nela para buscar, identificar e descifrar. O que aparece en segundo lugar é o magnífico álbum Los pájaros, de Germano Zullo e albertine, publicado por Los libros del zorro rojo.
Aparece en cuarto lugar un estupendo libro, que xa ABC recolleu no seu suplemento literario como un dos máis destacados, o mesmo que a Fundación Germán Sánchez Rupérez que o inclúe entre os + de 2012, falo de El papagayo de Monsieur Hulot, de David Merveille e publicado por Kalandraka editora. Un libro maravilloso que nos leva ao mundo do gran Jacques Tatti, cineasta de moda ao longo do último ano pola película L'illusioniste. Non podo falar doutros libros que non tiven oportunidade de ler prque, desgraciadamente, esta crise está dificultando a aparición dos pequenos proxectos editoriais en lugares alonxados dos grandes núcleos. Daniel Nesquens paréceme un autor interesante, pero non atopei o seu can en ningunha das librerías que visito decote.
Pola contra, creo que se ignora inxustamente a publicación en España do primeiro libro de Harold do clásico nortemaericano Crocket Johnson. Aínda que non me parece o título máis interesante da serie. Creo que Harold And The Purple Crayon ten unha frescura, é tan divertido que merecería a pena que se publicase. Sinceramente, creo que o resto son máis frouxos.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP