Loading...
25.12.12

Lectura (e algo máis) en IPAD

Hai uns días falaba cun amigo sobre o libro electrónico. Parece que entre  algúns editores hai un interese por estar nesa banda do mercado, aínda fraca en España. Semanas atrás facía o mesmo cun importante editor e deixaba caír que non todos teñen clara a especificade do libro electrónico. Hai un medo palpable a perder o tren da modernidade e as políticas bonsai do actual goberno da Xunta son un elemento que contribúe a iso, pois non hai un proxecto que axuda a situar a cultura galega nesepunto, máis ben ao contrario, tenden a dificultalo.

E falando destas cousas, comentoume da iniciativa de Ediciones Tecolote co Libro negro de los colores.

Tecolote é unha editorial mexicana especializada no libro infantil. Hai anos publicou un fermoso libro que lles aportou unha notoriedade internacional moi importante ao recibir o Premio da Feira de boloña. Era El libro negro de los colores, publicado en España por El zorro rojo. Decidiron realizar unha aplicación para Ipad que se pode adquirir a un prezo máis que reazonable na Itunes store de Apple. Crearon formas variadas de ler o libro.

Podes descargar un avance da APP de forma gratuíta e botarlle un ollo.
Despois podes achegarte ao libro de varias maneiras:
  •  Mediante a opción DESCUBRE, o texto aparece en braille e a medida que pasas o dedo sobre os caracteres convértense en texto vista. Cando pases a páxina, aparece un gran fondo negro que se decides fretar coa xema do dedo vai descubrindo a ilustración cunha música de fondo.
  • No menú DISFRUTA temos dúas opcións: ESCUCHA e LEE
  • na opción ESCUCHA, aparecerá o texto en braille e a medida que unha voz vai lendo, na pantalla resáltase a palabra lida mentres a ilustración se anima.
 
  •  Se optas pola opción LEE, aparece o texto mentres soa unha música de fondo e a mesma animación que na opción anterior,
  • Finalmente tes a opción COMUNICA. Este menú desplega un teclado en braille e en vista que xenera unha mensaxe en braille que podes enviar por correo electrónico cunha clave para que o destinatario poida interpretar o texto.

Ao meu xuízo, esta versión para IPAD aporta unha lectura diferente que pretende aproveitar o soporte para o que se crea dunha forma creativa e fomentando a participación do lector.
A opción gratis que aparece na descrición da tenda en liña é engañosa, pois permite ver soamente algunhas páxinas e non o conxunto do libro. O prezo moi asequible. Quizais a partir de aquí poidan animarse outros desenroladores a crear aplicacións de tipo didáctico que complementen o que xa ofrece Tecolote desde o punto de vista literario. Descargádea. paga a pena.
Descubre a Apps aquí.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP