Loading...
8.11.12

Unha nova editorial

Hoxe, máis ou menos á hora en que me poño a escribir esta entrada, preséntase na cidade da Coruña un novo proxecto editorial. Bululú é o nome desta editora que se quere centrar no álbum ilustrado. Esta editorial nace a partir da Librería Cascanueces e con outro nome publican libros para público adulto co selo Zaera Silvar (Hai pouco podiamos ler no ABCde las Letras unha crítica de Huyendo deOccidente.
O compromiso con que afrontan o reto é o de facer de cada libro unha obra de arte, coidada ata o máximo. Que haxa sorte e que se cumpran as expectativas. De momento xa está na rúa o seu calendario 2013, ilustrado por David Pintor e anuncian a publicación doutro libro do alter ego deste ilustrador, Pinto,  coa súa parella de feito, Chinto.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP