Loading...
8.11.12

Cantas cousas pode ser unha mesa?


De entre todas as editoras portuguesas que coñezo, quizais das máis interesantes sexa Planeta Tangerina unha das propostas máis interesantes en canto ao álbum ilustrado. Dos libros que teño folleado nos andeis das librerías de Porto ou Guimaraes teño a impresión de que son moi poucos os autores do seu catálogo, tanto no referente a ilustradores como a escritores. Madalena Matoso, Isabel Minhós, Bernardo Carvalho, Yara Kono cobren unha porcentaxe enorme do seu catálogo, que se completa con algún libro de produción estranxeira, nomeadamente Davide Calli. Algúns dos seus libros chegaron a nós a través de Kalandraka, P de papá ou Ovelliña dáme la.
"Uma é uma mesa. Será?" é un libro basado nunha idea  que ten moito a ver co mundo da literatura entendida  como un xogo de escrita. Ao xeito dos Exercicios de estilo de Raymond Queneau, a autora sométese á pregunta que será unha mesa para diferentes tipos de persoas? Pero como non hai que perder de vista que o destinatario do libro é un pequeno lector, debe volver á nena da que parte, e faino rompendo co tono da historia para devolvernos ao cotiá.
O libro foi seleccionado polo Ministério da Educaçâo para formar parte da lista do Plano Nacional de Leitura, unha iniciativa que desenvolve actividades encamiñadas a favorecer a lectura entre os alumnos, na familia e asesorar aos ensinantes.

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP