Loading...
29.10.12

Unha vela que non se apaga

Un punto de partida absurdo, un encadeamento de sucesos estraños, unhas esplicacións que recorren ao fantástico e ao leendario, e a partir de aí o libro vainos levando por ese mundo da man  dunha ilustración suxerente e tecnicamente efectiva porque responde moi ben ao tono narrativo do texto, cun cromatismo enormemente significativo e que reflexa o ambiente da trama.
"La vela que no se apagaba y otros misterios con solución" é un xogo que nos induce a pensar en sucesos extraordinarios e que desemboca dentro da propia historia que está contando.  O texto de Antonio Lozano invita a pasar a páxina para descubrir que é o que nos vai sorprender e como vai pórlle remate-
Quizais fose interesante realizar un inquérito e analisar as conclusións dos pequenos lectores para ver se a nosa lectura é acertada e descubrir a efectividade da narración.
A solución: ler e anotar. (Non o digo eu, dío o libro)

Outros libros ilustrados por Alba Marina Rivera xa me pareceron interesantes porque no seu traballo resulta fácil mergullarse para ver. Destacaría "En casa de mis abuelos", pero sobre todo "El contador de cuentos", un libro demasiado descoñecido.


0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP