Loading...
8.10.12

Outra visión da emigración


Chega a España un magnífico libro ilustrado procedente de México. Migrar foi publicado orixinalmente por ediciones Tecolote e, tras recibir o Premio Novos Horizontes da Feira do libro de Boloña 2012 e algún outro premio no seu país, agora temos a oportunidade de velo por obra e gracia de Faktoría K. Este magnífico libro ilustrado que fala da historia das migracións dende México aos Estados Unidos de América é obra de José Manuel Mateo no literario e de Javier Martínez na ilustración. Magnificamente ilustrado sen menospreicar ningún detalle posibilítanos descubrir esa aventura, ás veces tráxica, que supón abandonar o país propio e subir a un tren para ir a outro. Pero tamén nos dá a outra visión da mesma realidade, aquela que supoñen as aldeas despoboadas de xente nova e habitadas unicamente por vellos.
Un libro delicioso que todos os adultos poderemos degustar e gardar no mellor espazo das nosas bibliotecas

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP