Loading...
20.10.12

Arredor de Saul Bass


Falei hai algún tempo dun libro que se publicaba en España da man de Gustavo Gili dentro da colección Los cuentos del cometa. Era Henry viaja a París.

O seu ilustrador, Saul Bass, é obxecto dunha exposición no Círculo de Bellas Artes de Madrid sobre o seu traballo no deseño de títulos para grandes películas de Alfred Hitchcock ou Otto Preminger. 

Unha amiga que foi visitar os carteis que se mostran en Madrid amosouse entusiamsmada de poder ollar por extenso e toda xunta unha gran parte da obra deste deseñador que se achegou ao estilo Bauhaus e ao constructivismo ruso por influencia dun deseñador húngaro seguidor do gran Moholy-Nagy. 

O que me parece máis destacado deste artista é o seu abano cromático tan característico arredor das cores alaranxadas. Despois, ese aire de contemporaneidade incaducable que se constrúe a partir dos estudos psicolóxicos sobre a percepción humana e que é aportado polo esquematismo tan visible en carteis como o da película Bonjour tristesse.
 

0 comentarios:

Publicar un comentario

 
TOP