Loading...
15.9.12

Un novo Carroll

Poucas son as oportunidades en que os lectores máis novos teñen a oportunidade de que se lles ofreza un libro profundamente surrealista, herdeiro do nonsense británico, e que non sexa unha evocación fantasiosa e enfermiza. Unha desas oportunidades é este libro que se publicou en galego hai máis dun ano, pero que os lectores en castelán a penas acaban de ter a oportunidade de coñecer. É inevitables pensar en Lewis Carroll mentres se le este Noah Barleywater escapa da casa, ten certa semellanza con Alicia, aínda que o texto non teña a riqueza dos libros de Carroll, eses símbolos que se agochan no texto de Alicia, as chiscadelas á realidade socio-política daquela época (Sempre me sorprendeu pensar que se poida entender a Alicia sen coñecer todas as connotacións do texto de Carroll e que me descubriu a lectura da alicia anotada de Martin Gardner).
John Boyne ofrece unha novela con todos os elementos das narración clásica. Unha fuxida da casa, unha viaxe a un mundo descoñecido onde nada funciona de acordo coas leis naturais, o que descoloca ao protagonista. Nesa serie de sucesos sorprendentes, atopará personaxes singulares, uns humanos e outros animados, que lle aportarán outras formas de concebir o mundo, as relacións con el e que lle proporcionarán elementos para reflexionar sobre se as cousas son sempre o que parecen. E o protagonista despois de atravesar tres vilas será un ser novo.
Lera parte deste libro en inglés e confeso que cada un que leo deste home, aprecio que medra a súa mestría narrativa. As palabras teñen un ritmo envolvente e obriga a seguir lendo. Se O nenos do pixama de raias tivo un grande éxito polo enfoque do tema, cada un dos seus libros posteriores ofrecen un maior interese estilístico e son máis cribles. Agora que está a punto de publicar o novo título, espero que os lectores galegos teñamos a oportunidade de seguir disfrutando dun autor que será un clásico da literatura para mozos e non tanto.

Noah Barleywater escapa da casa. John Boyne. Tradución de Carlos Acevedo. faktoría K de libros

3 comentarios:

  1. non podo crer que non o soubese, e dis que hai máis dun ano? graziñas pola nova, gustame o novo deseño

    ResponderEliminar
  2. A min tamén me pareceu sorprendente

    ResponderEliminar
  3. Olivia espero non equivocarme, pero creo que xa estaba publicado en maio do ano pasado.
    Polo demais, grazas

    ResponderEliminar

 
TOP